As mozas do Santo Domingo caen ante o Laracha

Un encontro do Santo Domingo feminino

Por 44 a 56 as mozas do Santo Domingo caeron no seu segundo partido da tempada malia amosarse moi concentradas no primeiro cuarto. As imprecisións en ataque provocaroan perdas de balón que mermaron os seus esforzos por atacar o aro rival. O segundo cuarto sería un calco do primeiro, acabando con triplo local para poñer o marcador a menos de 10 puntos e seguir no partido.

Tras o descanso, os cambios defensivos surtiron efecto e chegaron a estar a 3 puntos, pero de novo, as perdas de balón en ataque e un gran acerto no tiro das visitantes volvía poñer terra polo medio ata chegar ao marcador final.