As mozas do Santo Domingo impóñense nun mal partido a Franciscanos

Un encontro do Santo Domingo feminino

Por 40 a 55 as mozas do Santo Domingo impuxéronse na Coruña no primeiro encontro da segunda volta do campionato da regularidade. O average co conxunto coruñés cae definitivamente do lado das betanceiras, que suman dúas victorias ante o conxunto franciscano esta tempada.

Desde o inicio o partido foi lento e o equipo contrario tentou ordenarse moi rápido en defensa e non deixar anotar con facilidade ao contraataque. As betanceiras ofreceron falta de intensidade, da mala actitude defensiva e do pouco acerto no tiro, pero souberon administrarse para facer que o cansazo do equipo rival permitise levar unha vantaxe de 15 ou 20 puntos que se mantería durante todo o partido.

Pese á vitoria, mal xogo das betanceiras. Xogaron: Patricia, Elba, Marieta, Nerea, Nerea. G, Laura, María, Cinta, Paula, Rocío, Claudia e Ángela