As mozas do Betanzos golean ao Santiso

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

O Betanzos feminino, que compite no grupo B da Segunda galega, goleou por 7-0 ao Santiso no encontro desputado a pasada fin de semana no municipal do Carregal.

As betanceiras lograron unha cómoda victoria nun encontro sen complicacións, que dominaron de inicio a fin sen dar opcións ao conxunto visitante.

Os tres puntos acadados permítenlles, con seis, ocupar a sexta posición. A vindeira fin de semana visitarán Carral para medirse ao conxunto local, pechacancelas sen puntos no seu haber.