As mozas do Betanzos golean ao Brexo Lema

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

A contundencia e decisión que lle falta ao primeiro equipo masculino do Betanzos C.F. sóbralle ao seu homólogo de féminas. As betanceiras golearon ao Brexo Lema por un contundente seis a cero, que arrancou cedo xa que no minuto tres xa contaban con dous goles de vantaxe e administraron comodamente a renda.

Xa da súa visita a Carral a semana pasada trouxeran tres puntos tras endosarlle un contundente 1-11 ao conxunto local.