As mozas do Betanzos afírmanse na segunda praza tras vencer ao Touro

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

Con 22 puntos de 27 posibles, as féminas do Betanzos C.F. marchan como segundas clasificadas do grupo B da Segunda división galega. Os últimos tres puntos colleitáronos ante o Touro S.D., ao que venceron no Carregal nun partido que dominaron de principio a fin.

A pasada fin de semana golearon a domicilio ao cuarto clasificado, O Val, confirmando a calidade do conxunto betanceiro.