As féminas do Santo Domingo caen no Carregal no último encontro do ano

Un encontro do Santo Domingo feminino

Non acaba con bo sabor de boca o ano no Santo Domingo feminino, que a pasada fin de semana caía na casa ante o Zabba Zapatería Otero Caritón. O conxunto chegaba lastrado coas baixas por lesión de Laura, Lorena e Sara.

O comezo do partido marcaba unha gran diferenza para as visitantes cun parcial de 0-10. Tras tempo morto e cunha zona moi agresiva as locais conseguían entrar no partido con varias canastras consecutivas e roubos de balón, terminando o primeiro cuarto 11-12. O segundo cuarto sería un calco do primeiro, cunha gran defensa local que as visitantes non terminaban de romper, acabando ao descanso 6 abaixo.

Co partido por desputar as diferenzas marcábanas as innunerables imprecisións nos pases, que penalizaban terriblemente ao conxunto betanceiro e regalaban balóns ao rival. O nivel defensivo baixaba e sumado a unha gran cantidade de tiros fallados deu nun resultado final de 38 a 63.