Arrinca o campus de verán do Santo Domingo

O pasado día 25 arricaba a X edición do campus de Verán do Santo Domingo, para o que todos os abonados do clube tievron dereito a unha inscripcion reducida transferible a quen desexen. Como é tradicional, o campus ocupará a última semana de xuño, comezando o 25, luns, e finalizando o 30, sábado, en horario de mañá de 9 a 2.

Tamén, como en edicións anteriores, a cota inclúe servizo de Bus desde Miño, Bergondo e Sada, e bus para o transporte ás actividades de lecer. Teremos adestramentos de mellora, tentempié de media mañá a cargo de Horno San Brandán, lecer en Marineda, actividades acuáticas, Aquapark de Cerceda, actividades de tempo libre, piscina, roupa oficial do campus, SRC, e o tradicional torneo de 3×3 streetball na praza do campo para finalizar o campus o sábado 30, a véspera da feira.

Nenos e nenas nadas entre 2002 e 2010 poden participar e serán divididos nos seus grupos de baby basket, minibasket e baloncesto, adestrados polos adestradores do Santo Domingo, monitores de actividades e adestradores invitados. As actividades desenvolveranse nas instalacións do campo de fútbol, Vales, Aguiar, pavillón municipal e piscina e contan co apoio do Concello.

A primeira xornada contou co adestramento de Ivan Villaverde, para o grupo dos máis maiores, e a segunda con visita a piscina, Marineda, bolera e karting en función dos distintos grupos de idade.