Aberto o prazo para solicitar os campamentos deportivos da Deputación

A Deputación da Coruña pon en marcha os Campamentos Deportivos de Verán 2018, que se desenvolverán en varias quendas nas instalacións do Centro Calvo Sotelo, no Concello da Coruña. Ao Concello de Betanzos correspóndelle a primeira quenda, do 1 ao 6 de xullo, e na actividade poderán participar os/as nenos/as de entre 9 e 14 anos, ambas as idades incluídas, cumpridos no presente ano 2018 e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o luns 16 de xuño. As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello, praza da Constitución s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritas, e terán preferencia aqueles que non participasen en anteriores Campamentos Deportivos de Verán da Deputación.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe estadía e manutención en residencia, transporte interno, monitores, actividades deportivas e culturais, veladas nocturnas, seguros e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, Casa do Concello, segundo andar, Praza da Constitución s/n. Tlf 981 770 011, extensión 2105.