Tres medallas para o Olímpico do Mandeo no Campionato de España

Este fin de semana celebráronse no Lago de Banyoles (Girona) os Campionatos de España de Remo Olímpico para as categorías Xuvenil, Sub23, Absoluto e Veteranos, nos que o club de remo bergondés participou con 5 tripulaciones, 4 xuvenís (3 delas femininas) e 1 absoluta.

O primeiro barco en competir foi o catro scull xuvenil feminino, formado por Ángela Vázquez, Mónica Castro, Iria Jarama e Gabriela Arcay, que xa na eliminatoria demostraron que ían ser un óso duro de roer para aquelas tripulaciones que quixesen gañarlles, conseguindo o pase directo á Final A e na que lograron un primeiro posto superando  ás que, ata ese momento, eran as vigentes campionas de España.

Logo tocoulle a quenda a José Ango Jarama en skiff xuvenil masculino, papel complicado o seu tendo en conta que este é o seu primeiro ano de remo, e esa inexperiencia saír cara, unha mala saída impediulle clasificarse para as semifinais malia realizar unha fabulosa regata.

En terceiro lugar competiu o dobre scull xuvenil feminino de Ángela Vázquez e Iria Jarama, que tras impoñerse no seu eliminatoria e clasificar directamente para a Final A, pelexaron de ti a ti coas remeiras do C. Natacio Banyoles por alzarse co Ouro, pero nesta ocasión non puido ser e conseguiron unha extraordinaria segunda posición.

Logo veu Mónica Castro no seu skiff xuvenil feminino e vaia recital de remo que dió, clasificación directa para semifinais, logo á Final A, para nesta pelexar coas remeiras do Equipo Nacional Xuvenil polas medallas e virse para casa coa medalla de bronce.

E si isto non é suficiente, chegou a quenda de Jorge Salvador en skiff absoluto masculino, quizais a proba de maior nivel do Campionato, e tras un momento de dúbida nas semifinais que lle deixaron fóra da Final A, quixo resarcirse na Final B impoñéndose nela con total autoridade e alcanzando o cuarto mellor tempo das 2 finais.

Ao final este novo club, que aínda non ten 3 anos de vida, ha cosechado 3 medallas, un Ouro, unha Prata e un Bronce, ademais do 7° posto de Jorge e o 13° de José Angel.

3 remeiras do C. R. Olímpico do Mandeo concentradas co Equipo Nacional Xuvenil

Tralos marabillosos resultados conseguidos este fin de semana polos remeiros e remeiras do noso club no Campionato de España de Remo, as nosas deportistas Ángela Vázquez, Mónica Castro e Iria Jarama, foron finalmente convocadas para a concentración do equipo nacional xuvenil que se celebrará en Sevilla ata finais de xullo ou principios de agosto, e da que sairán os equipos que representarán ao noso país no Campionato do Mundo en Racice (Chequia) e Coupe da Jeunesse en Cork (Irlanda).