Sandoval presenta en Biblos “A Torre”

Interior da libraría Biblos

A Libraría Biblos de Betanzos acollerá mañá, xoves 8 de novembro, a presentación de “A Torre”, de Antonio Sandoval. O acto comezará ás 20.00 horas e o autor desta obra editada por Kalandraka estará acompañado polo tradutor da obra ao galego, Xesús Fraga.