Roxín Roxal celebra unha velada contra o abandono do patrimonio

O salón azul do Edificio Arquivo será o escenario no que a Asociación Cultural de Paderne Roxín Roxal desenvolverá o vindeiro día 25, desde as oito do serán, unha velada contra o abandono do patrimonio.

O programa do evento prevé, baixo o rótulo “Episodios dunha vella historia” un recital poético e musical con poemas de Luís Seoane e cos artistas de Casa Hamlet Santiago Fernández e Sergio López.