Organizan un curso gratuíto de xardinería e horticultura urbana na Casa da Xuventude

A Casa da Xuventude. Imaxe da Xunta

Entre o 4 e o 6 de outubro a Casa da Xuventude do Picardel acollerá un curso gratuíto de xardinería e horticultura urbana organizadpo pola Asociación Porta da Vila.

Os promotores explican que o curso terá “unha orientación
práctica” e como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos e destrezas para axardinar balcóns e terrazas ou cultivar as súas propias verduras neles.

O horario será de 20:00 a 22:00 horas o xoves e venres e o sábado de 10:30 horas a 13:30 horas. As prazas son limitadase cubriranse por estrita orde de inscripción. Hai máis información no web da entidade, que conta para esta actividade con financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, a través do programa Inicitiva Xove.