O proxecto da biblioteca do Fco. Aguiar, premiado pola Xunta

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

O IES Francisco Aguiar ven de ser galardonado dentro do V Concurso de Traballos por Proxectos coa coordinación ou participación da biblioteca escolar. A Xunta, que convoca o certame, outorgou a máxima contía, 2000 euros, ao centro betanceiro por un traballo sobre as mulleres científicas.

O proxecto premiado recolle “o resultado dunha das liñas de traballo do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado, que gravitou durante o curso 2017-2018 sobre as mulleres científicas, tema monográfico tamén da VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía”, explica o centro.