Exposición bibliográfica “Os vosos libros favoritos protagonizados por mulleres”

Os títulos expostos xorden das achegas que, durante todo o mes de marzo e con motivo do Día Internacional da Muller, 27 persoas fixeron tanto en redes sociais como presencialmente. En total recomendástesnos 42 libros protagonizados por mulleres que significaron algo nas vosas vidas.

Entre os títulos recompilados atopamos algúns clásicos como Foise co vento e outros máis actuais como a triloxía Millenium, da que o título Os homes que non amaban ás mulleres foi unha verdadeira revolución de vendas.

O obxectivo desta iniciativa é visibilizar eses personaxes mulleres que son protagonistas de grandes historias e mover á reflexión sobre o papel da muller na literatura.

A exposición bibliográfica “Os vosos libros favoritos protagonizados por mulleres” poderase visitar do 1 ao 30 de xuño na Biblioteca Municipal Castelao de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h de luns a venres e de 10:30 h a 13:00 h os sábado