Esgotadas as 20 prazas para o obradoiro infantil “A casa encantada de Alí”

Rampla de acceso ao Liceo

O obradoiro/contancontos “A casa encantada de Alí” que terá lugar o vindeiro sábado 20 de outubro ten as prazas cubertas. Cubríronse as vinte prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e as nenas empadroadas.

A inscrición segue aberta, segundo o prazo indicado inicialmente, ata o 18 de outubro, e os nenos e as nenas inscritas que non tiveron praza estarán na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os participantes.

O vindeiro mes de novembro haberá un novo obradoiro/contacontos “Un bico para Alí” cuxa data e prazo de inscrición se publicará a finais deste mes no web municipal.