O Conservatorio celebra o seu recital de fin de curso o vindeiro xoves no Alfonsetti

O Conservatorio ocupa os restos do mosteiro de San Francisco

Desde o pasado luns día 4 ata o mércores día 13 de xuño o alumnado do Conservatorio Municipal Carlos López García-Picos ensaia para o seu Concerto de fin de curso, que terá lugar o xoves día 14 de xuño no Cine Alfonsetti ás 19:30 h da tarde. O día previo ao concerto haberá ensaios xerais no Cine Alfonsetti. O profesorado comunicaralle ao alumnado os horarios destes ensaios.

Ademais, entre o luns día 4 e o venres día 8 de xuño o profesorado do Conservatorio impartirá unhas clases extras de apoio para todo aquel alumnado que presente ás probas de acceso ao grao profesional en calquera outro conservatorio do país, pois o municipal só é de grao elemental e, polo tanto, non obrigatorio para quen queira cursar estudos musicais avanzados.

Do mesmo xeito, todos aqueles nenos e nenas que queiran comezar os seus estudos musicais de carácter oficial no Conservatorio Municipal “Carlos López García-Picos” de Betanzos deberán presentarse a una proba de acceso a o 1.º curso do grao elemental. Esta proba terá lugar no Conservatorio Municipal o luns día 18 de xuño ás 19:00 h da tarde. Para presentarse á proba, os aspirantes deberán cubrir un impreso de solicitude que lles facilitarán na conserxaría do centro ou ben nas Oficinas Xerais do Concello (praza de Galicia – planta baixa – edificio Liceo). As solicitudes cubertas entregaranse nestas oficinas, non no Conservatorio.

O prazo de entrega das solicitudes está aberto desde o luns día 28 de maio ata o venres día 15 de xuño. Así mesmo, o alumnado que non ten materias pendentes para a convocatoria de setembro, así como aquel que superou a proba de acceso ao 1.º curso, pode formalizar a matrícula para o curso 2018/2019 nas Oficinas Xerais do Concello de Betanzos (praza de Galicia, Liceo) entre o luns 25 de xuño e o venres 13 de xullo de 2018.

Convocatoria de setembro

Os exames da convocatoria de setembro serán na semana do 3 ao 7 de setembro. O alumnado que asista a esta convocatoria formalizará a matrícula entre o luns 10 e o venres 21 de setembro.