O Concello convoca a XVI Bienal Balconadas

O Concello de Betanzos presentou as bases da XVI Bienal de Balconadas. As rúas do casco histórico volverán converterse nun museo ao aire libre entre o 20 de xullo e o 28 de agosto. O prazo de presentación das obras será do 1 ao 30 de xullo. Poderán participar nesta bienal artistas maiores de idade cuxas obras non sexan presentadas a ningún outro certamen. O primeiro premio ascenderá a 5.000 euros.