Biblos presenta hoxe “A simetría das bestas”

Interior da libraría Biblos

Alberto Ramos estará este serán na Libraría Biblos, na rúa de Santiago, para falar da súa obra “A simetría das bestas”, a novela coa que gañou o Premio Risco de Creación Literaria. Estará acompañado de David Cortizo, de Urco, editora do libro. Será a partir das 20 horas.

Xornada de arqueoloxía

O mércores 31 de outubro a libraría citará a tres persoas moi relevantes do ámbito da Arqueoloxía para a presentación deo libro “Topografía aplicada a la arqueología”. Co editor do libro, Manuel Martín-Bueno, que dirixiu máis de 250 excavacións, estarán Miguel San Claudio Santa Cruz, arqueólogo subacuático e experto no estudo e conservación do patrimonio cultural, e José María Bello Diéguez, exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña.