Biblos presenta as últimas obras de Cesáreo Sánchez e Juan Trigo

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias estará este serán na Libraría Biblos para presentar “As bolboretas do Mekong”, o último poemario do seu puño, recentemente editado por Xerais, e proxectar imaxes tomadas nas súas viaxes.

Por outra banda, Juan E. Trigo, un dos editores e tamén coordinador da “Guía de los moluscos marinos de Galicia”, estará na libraría Biblos de Betanzos o venres 8 de febreiro para comentar detalles desta publicación. Trátase dunha guía ilustrada a toda cor que recolle as principais características de 620 especies das nosas costas.