A Aula CeMIT entra no outono cunha ampla oferta de cursos

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

A Aula CeMIT retorna con forza á rutina escolar. Case dez novas propostas formativas, alternando o formato de curso e o de charlas monográficas, terán lugar no que queda de mes e no vindeiro mes de novembro.

“Iniciación á Informática e Procesador de Textos” é a primeira proposta dispoñible. Este curso de formación dixital básica impartirase do 12 ao 15 de outubro. Seguiralle unha charla centrada nos dispositivos móbiles para saber “Qué tarifa teño contratada no móbil?”. Será o día 6 de novembro.

Este tipo de iniciativas repetirase o día 7, para aprender a “saca o máximo ao WhatsApp” e o 8 para “pasa as túas fotos do móbil ao ordenador”.

O 8 e o 13 será o turno dun novo curso para aprender a usar a tablet. O día  13 será o turno doutra charla, neste caso para aprender a descargar aplicacións no móbil. O día 16 outra charla aprenderá a actualizar os programas do móbil.

O 20 repetirase o curso para “iniciación á informática e procesador de texto”.

Pode obterse máis información na propia aula, no centro cultural San Domingos, ou no seu web.