A Xunta tumba as alegacións á planta de biomasa de Teixeiro

Imaxe dun polígono

A Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgou a Greenalia Biomass Power a autorización para a construción dunha planta de biomasa no polígono de Teixeiro. A Xunta rexeitou as alegaciones contra esta central de xeración eléctrica a partir de biomasa de 49,9 megavatios.

Industria desoe os recursos relativos á suposta falta de abastecemento para a empresa en base a un informe presentado pola propia firma sobre a estimación de biomasa que avalaría a dispoñibilidade.

A tramitación prosegue grazas as facilidades para as empresas que dá a chamada lei de depredación.