O xulgado advirte ao goberno de Miño de actuacións por ocultarlle probas do bulevar da Carreira

Ricardo Sänchez Oroza

O Xulgado de Instrución número 3 de Betanzos remitiu unha providencia na que ameaza con actuar contra o Concello de Miño por desobediencia grave por desoír un requerimiento de información sobre as obras do bulevar da Carreira. No seu escrito, o titular do xulgado advirte, mesmo en letra maiúscula e suliñada, ao Concello que teña que remitirlle por “terceira vez” unha providencia para solicitarlle que xustifique e aclare unha partida de mobiliario urbano posto e retirado no bulevar da Carreira.

Na súa providencia, do 25 de xuño, o xulgado dá un prazo máximo de cinco días ao Concello de Miño e advírtelle de que, de incumplirlo, deduciríase testemuño por un posible delito de desobediencia grave á autoridade xudicial, podendo motivar actuacións xudiciais e ata a adopción de medidas cautelares”.

Un informe clave de Oroza, que agora bloquea a investigación xudicial

A investigación das obras do bulevar da Carreira arrincou en xaneiro de 2014 a instancias de Fiscalía. O Ministerio público aceptou a denuncia do PSOE, que denunciou numerosas irregularidades no expediente e alertou dun posible sobrecusto de 500 000 euros. A denuncia dos socialistas interpúxose durante o pasado mandato, cando o alcalde, Ricardo Sánchez, formaba parte aínda do grupo socialista.

O agora rexedor, arquitecto de profesión e na altura edil do PSOE, realizou naquel momento un exhasutivo informe sobre as irregularidades desta obra millonaria, executada polos seus agora socios do goberno (PP) e cuxa recepción final foi asinada polo actual tenente de alcalde, Jesús Veiga. Agora, Ricardo Sánchez Oroza bloquea, como alcalde, a investigación sobre as obras que recepcionou o seu socio e tenente de alcalde.

As críticas do PSOE durante a pasada lexislatura levaron ao Goberno local do PP a presentar finalmente un escrito no xulgado para pedir a apertura dunha investigación pola existencia de “graves desviacións entre a obra executada e a certificada”. O xulgado investiga agora un posible delito de falsidade en documento público ou oficial. A instrución viuse demorada por varios imprevistos. Unha das últimas novidades que transcendeu sobre este caso data de abril de 2014, cando o Concello informou de que se acudiría na causa para intentar recuperar preto de “600.000 euros que a adxudicataria das obras, Espina e Delfín, “puido cobrar indebidamente”.