Faleceu un home esmagado por unha árbore en Vilasantar

Madeira nun monte

O pasado 14 de xaneiro un home de 56 anos que estaba talando unha árbore perdeu a vida tras caerlle enriba. Os feitos rexistráronse a última hora da tarde na parroquia de Vilariño.

Recibida a alerta, un equipo sanitario e persoal do GES de Curtis, retiraron a árbore para intentar rescatar ao home, pero cando chegaron a el, só puideron certificar o seu falecemento.

Van varios accidentes mortais deste tipo no sector no que vai de ano.