Unha saída de vía na A-6 deixa dous feridos ao seu paso por Aranga

A A6 ao seu paso por Coirós

Dúas persoas resultaron feridas despois de saírse da vía o vehículo no que circulaban na Autovía do Noroeste ao seu paso pola localidade de Aranga. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, o accidente ocorreu ao redor do punto quilométrico 546 da A-6.

Foi un particular quen, sobre as 11:15 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración dos membros do GES de Curtis.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia o traslado de dúas persoas ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.