A UNED Sénior incorpora un curso de terapia activa con cans para maiores

O crego de Xestoso, Luis Ángel Rodríguez Patiño

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Sénior incorporará o próximo curso a asignatura de terapia activa con cans para maiores. Para achegarse a esta materia, organiza unha xornada na residencia de cans Montegatto, en Oza, o vindeiro mércores, 13 de xuño, de 12.00 a 15.00 horas. Nunha nota, o coordinador da UNED Senior, Luís Ángel Rodríguez Patiño, párroco de Xestoso, defende os beneficios desta terapia para a saúde.