Touriñán e Mamá Cabra principais actuacións das festas do Carme de Sada

O cómico Xosé Antonio Touriñán e o grupo musical Mamá Cabra son as principais actuacións que figuran no programa das festas do Carme de Sada, que se celebrarán esta fin de semana.

Os actos comezarán o sábado ás 13.00 h co Encontro Patexeiro de Embarcacións Tradicionais, ao que seguirá ás 18.00 horas a misa mariñeira, trala que os barcos partirán para realizar a tradicional procesión marítima. Ás 20.00 horas haberá unha sardiñada amenizada pola Requinta da Laxeira antes da actuación do cómico Xosé Antonio Touriñán ás 22.30 horas e da banda Wondermind a medianoche.

O domingo a actividade está pensada para os máis pequenos con xogos infantís ás 11.00 horas con Pequeno Tío e ás 14.00 horas actuará Mamá Cabra.