Terceira protesta pola seguridade viaria diante do CFEA de Guísamo

A comunidade escolar do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo e os empresarios do polígono de Bergondo celebrarán hoxe unha nova concentración para esixir ao Ministerio de Fomento que instale unha pasarela peonil na Nacional-VI. A protesta, a terceira deste mes, está apoiada polo Concello e polo BNG e celebrarase entre as 11.00 e 12.00 horas.