Tenso Pleno no concello de Miño onde o alcalde pide que lle condonen a débeda por ser vítimas da cultura do “pelotazo”

Un pleno en Miño

O pasado venres debateuse no Pleno en Miño unha moción que o alcalde, Ricardo Sánchez, presentou en nome de Miño Plataforma Aberta -grupo político que consitutuiu despois de ser expulsado de CxG polo seu pacto de goberno co PP, ao Estado a condonación da débeda polo crédito para abonar as expropiacións de Costa Miño. Segundo explicou “do mesmo xeito que fixo a corporación da Coruña para abonar a débeda do Porto por Langosteira”, o que non explicou son as diferencias entre FADESA e a xestión de punta Langosteira. O portavoz do PSOE, Manuel V. Faraldo, tirou de sorna para dicir que «sería superfantástico», para esixir ao minuto ao goberno local credibilidade e cualificar a petición de «broma de mal gusto».

“Houbo unha decisión consciente e deliberada de todos vos que tomastes as decisións non ano 2001”, dixo contra o PP e acusouno de actuar contra os veciños e a favor de Fadesa. Cargou contra a Xunta por falta de supervisión e falou dos problemas económicos do Concello, ao que o rexedor incidiu en que están garantidos os pagos do 2018. As continuas liortas sobre os tempos de intervención fixo que o PSOE optase por non expresar o sentir do seu voto, sen levantar a man nin a favor, nin en contra nin nas abstencións.

Esta é a dinámica dos Plenos en Miño toda a lexislatura, cargada de broncas e rifi-rafes continuos desde que o ex-concelleiro socialista se convertise en alcalde con 230 votos e o apoio do PP evitando que o seu expartido gobernase despois de ser a lista máis votada.