Santaia celebra a vindeira fin de semana as súas festas cos Satélites e París de Noia

A parroquia cesurá de Santaia de Probaos celebrará a próxima fin de semana as festa en honor a Santa Eulalia. O venres haberá un xantar popular a base de polbo a partir das oito da tarde coa Pulpeira de Melide e despois verbena coas orquestas París de Noia e A Favorita Nevada. O sábado haberá misa solemne á unha e media e despois baile coa actuación de Aixa Romay. Na verbena estarán Os Satélites. O domingo misa e de novo Aixa Romay.