Sae o segundo salmón do Mandeo

Unha vista do couto de pesca de Chelo

Non hai dous sen tres, repiten para animarse os afeccionados á cana ás beiras do Mandeo logo de que o pasado martes, contra as dez da mañá, un pescador da Sociedade Río Mandeo levantase o segundo salmón da tempada, que entra no seu treito final. A cebo natural e no pozo da Moura, o peixe deun 4,2 kg na báscula de control do gardarríos do couto.

O ano pasado o baixo caudal do río impediu que se estrease o cupo de cinco salmóns autorizado para o Mandeo, pero este ano as condicións pluviométricas animan aos máis optimistas.