A Xunta inicia o trámite do ENIL das Brañas sadenses

Unha vista das brañas de Sada

A Consellería de Medio Ambiente iniciou o expediente para declarar As Brañas de Sada Espazo Natural de Interese Local (ENIL).A Xunta dará agora un prazo de 20 días para que calquera persoa poida alegar ou aportar suxestións ao proxecto do espazo, presentado polo Concello.

A declaración de ENIL deste céntrico humidal foi demandada por varias corporacións locais do municipio, que agardan que a distinción contribúa a garantir a preservación deste enclave natural.

O humidal foi vítima de varios recheos ilegais e agresións nas últimas décadas, que mermaron a súa superficie e condicionaron a súa biodiversidade. O plan xeral aprobado no presente mandato prevé máis construcción de edificios no entorno, na controvertida urbanización da traseira da avenida de Barrié. A última, un aliviadoiro da rede de pluviais que verte directamente a este espazo as escorrentías das vías pavimentadas do municipio os días de chuvia, proxectada polo goberno da Marea.