A Marea dalle un portazo á proposta de acordo do BNG sobre o Náutico

Imaxe aérea de Sada, co Náutico en primeiro termo

Portazo da Marea á man tendida do BNG sobre o Náutico. Enrocada na súa postura, SadaMaioría tan só se avén a falar dos usos do solar do Náutico cando este desapareza. “Unha vez demolido o edificio será o momento de acordar que facer nos terreos”, explicou nun comunicado a formación, cerrándose completamente en banda a calquera posibilidade de diálogo sobre este asunto.

Para a Marea, son “dúas cousas distintas” a execución da sentenza, que insisten en que obriga a facer desaparecer o inmoble, e o futuro desa zona do paseo marítimo, sobre o que promete abrir a debate público. Segundo eles, a demolición é “ineludible e non suxeita a posible negociación” e advirte que o alcalde, Benito Portela, cumprirá a súa palabra de levar o asunto a pleno para que os grupos voten “o que consideren”.

O BNG abre a man a apoiar a demolición do Náutico se o solar acolle equipamentos