Sada contrata tres técnicos de primeiros auxilios para as praias

Pasarela flotante na praia das Delicias en Sada o pasado ano

O Concello de Sada anunciou onte a contratación de máis persoal de urxencias para as súas praias urbanas. Ante a escaseza de socorristas en toda Galicia o executivo local asegura que decidiu contratar a tres técnicos en primeiros auxilios que apoien o labor dos actuais nove profesionais de salvamento, cuxa contratación financia a Deputación.

O Concello afirma que nas praias sadenses “apenas hai rescates” polas súas características polo que o servizo, engade, pódese cubrir cun socorrista cun técnico en primeiros auxilios.

Ademais, hoxe inaugurarase un novo posto de socorrismo na praia das Delicias e adquiríronse 2 táboas de salvamento que se usarán nos areais de Veigue e Cirro e dous desfibriladores para Sada.