Ricardo Sánchez e o PP aproban o novo crédito sen o apoio do PSOE

A débeda de Miño cos expropiados pola macrourbanización de Martinsa Fadesa parece non ter fin. O Goberno local aprobou onte en solitario aceptar un novo préstamo de 1,1 millóns, que se suma ao de 12,5 concedido a principios do mandato. Aínda que o Executivo municipal anunciara que esta nova operación permitiría liquidar o 100% da débeda, o PSOE desvelou en pleno que aínda quedan leiras por pagar, dado que ao redor de 27 leiras aínda non foron remitidas ao xurado de expropiación. O Concello descoñece aínda o montante total dos pagos pendentes e desde Secretaría avanzaron que se facilitará á Corporación unha relación cos metros cadrados das parcelas. O Goberno local, sen embargo, destaca que o préstamo permitirá pagar o 100% da débeda principal recoñecida a día de hoxe e afirma que as sentenzas en tramitación pendentes non alcanza o 10% do pago

Outro punto de discrepancia entre Goberno local e oposición vira en torno aos intereses. Os socialistas destacan que ascenden a 9 millóns e que foron recoñecidos por sentenza. O Executivo local sostén en cambio que os asesores xurídicos da Diputación consideran que non ten por que pagalos e que os expropiados deben recorrer nuevamente ao xulgado para reclamalos, un extremo que o avogado dos afectados tachou recientemente de “ridículo”.

O PSOE abstívose e recalcou que está a favor de pagar aos expropiados, pero non de aceptar o novo préstamo sen suscitar medidas complementarias de aforro. O alcalde, Ricardo Sánchez, sostivo que o Executivo “traballa seriamente” e que toma medidas “con responsabilidade”.

Monte Piñeiro

O Concello sacou a contratación a redacción dun cambio no plan xeral para establecer a ordenación detallada do desenvolvemento urbanístico de Monte Piñeiro, no solo urbanizable R-3, proxectado a escasos metros das praias e as marismas do río Baxoi e no que inicialmente se prevían ao redor de 700 vivendas. O Goberno local licita a redacción desta modificación tras encargar un informe en 2016 para buscar unha “solución” a este ámbito que, admitía, podía “comprometer” máis a súa situación económica.

O prazo de execución e entrega deste proxecto será de 20 meses e o prezo do contrato de 60 mil euros. No ámbito de Monte Piñeiro aprobarase un proxecto urbanístico que finalmente non se chegou a construír polo momento aínda que sí se iniciaran os trámites de expropiación dos terreos. A UTE adxudicataria pagara un canón de 3 millóns de euros ao Concello, mais debido ao litixio, o Concello tivo que devolver este adianto, do que aínda ten pendente por pagar 2 millóns debido a un acordo que permitiu o aprazamento dos pagos.

A desmesurada actividade urbanística de Miño, na que tomou parte o concello propiciando as expropiacións á veciñanza, segue lastrando o concello de Miño unha década despois, nun sinfín de pagos a empresas e expropiados que lastran a súa futura viabilidade.

Regularización de contratos

O Concello sacou tamén a contratación os servizos de limpeza, conserxería ou suministros pendente de regularizar e que o alcalde ameazara con denunciar a inicios do mandato.