Retiran 366 quilos de lixo do Lambre nunha xornada de voluntariado

O Lambre na súa desembocadura na Ponte do Porco

Voluntarios retiraron onte uns 366 quilos de residuos do río Lambre en Betanzos, dentro dunha limpeza simultánea en toda Galicia do Proxecto Ríos. A limpeza no río que fai linde entre Paderne e Miño realizouse a través da asociación Fragas do Mandeo.