Resulta ferido o condutor dun turismo tras bater o seu coche contra unha igrexa en Irixoa

Ao sinistro desprazáronse os bombeiros de Betanzos

Un vehículo bateu contra o muro dunha igrexa cando circulaba pola AC-151, ao paso polo concello coruñés de Irixoa. Como consecuencia do impacto, resultou ferido o único ocupante do turismo e mesmo tiveron que intervir os Bombeiros de Betanzos.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 18:00 horas de onte, cando o vehículo saíu da vía e os ocupantes quedaron atrapados no interior. Así, ata o lugar desprazáronse os bombeiros que liberaron ao ferido para que fose atendido e posteriormente traslado ao CHUAC.