Responsables de Cultura da Xunta e do Goberno do Estado reuniranse antes do final de mes de xullo para tratar a recuperación do pazo de Meirás

Ocupación simbólica do pazo de Meirás. Foto do facebook do BNG

Responsables de Cultura da Xunta e do Goberno do Estado reuniranse antes do final de mes de xullo para “entrar en materia” en relación á posible recuperación para o patrimonio público do pazo de Meirás. O ministro de Cultura, José Guirao, avanzou este próximo encontro ao ser consultado polos medios durante o acto de inauguración das obras de restauración do Pórtico da Gloria.

Guirao desvelou que, antes do acto na Catedral de Santiago, mantivo un almorzo co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no que se falou deste tema”. Segundo explicou o ministro, o responsable do área cultural da Xunta faloulle sobre o informe elaborado pola comisión de expertos a instancias da Consellería, e que propón unha demanda civil -que debería executar o Estado- baseada no uso institucional do inmueble para a súa recuperación. Para “entrar en materia” e tratar con máis profundidade este tema, José Guirao dixo que ambas administracións teñen previsto volver reunirse “seguramente antes de final de xullo”.

En calquera caso, e aínda que recoñeceu que se trata dunha cuestión que descoñece en detalle, o ministro subliñou que o conselleiro trasladoulle que se trata de “un tema longo e lento”.

A recuperación do pazo de Meirás volverá a debate no Parlamento

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, manifestou onte a súa intención de que a iniciativa presentada polo grupo popular para a súa recuperación para o patrimonio público salga adiante co consenso de todos os grupos da Cámara autonómica.

Os populares galegos propoñerán mañá en Xunta de Portavoces a inclusión na orde do día do pleno da próxima semana dunha proposición non de lei na que se insta ao Goberno central a iniciar os trámites oportunos para a reversión a dominio público deste inmueble. O PP ampárase no informe elaborado pola comisión de expertos designada pola Xunta para estudar a viabilidad desta reclamación, que dá luz verde ao comezo dun procedemento pola vía xudicial. En comparecencia de prensa, Puy afirmou que non lle supón “ningún inconveniente” que o resto de forzas con representación no Parlamento galego enmienden a súa iniciativa e expresou a súa confianza en que, tanto a Xunta como o concello de Sada, poidan sumarse á demanda contra a familia Franco unha vez o Estado incoe o proceso.

O BNG e En Marea mostráronse contrarios a apoiar que a familia Franco cobre ningunha cantidade como contrapartida polo Pazo de Meirás.