A reserva da Biosfera é a primeira do Estado que conta cunha marca de calidade para os seus produtos

Santiso Miramontes (PP) é o presidente da Reserva da Biosfera

A reserva de biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é a primeira do Estado que conta cunha marca de calidade para os produtos do seu territorio. As tres primeiras empresas en obter este recoñecemento a nivel comarcal foron tamén as tres primeiras en conseguir o selo de calidade da rede de reservas a nivel estatal, recentemente creada.

Os impulsores das marcas A Castrexa -mermeladas, conservas vegetales e zumes-, Orballo -tés ecolóxicos- e Da Terra -pataca kennebec e cebola chata de Miño-, os tres primeiros en obter ambos selos de calidade, celebraron o recoñecemento que supón a concesión destes distintivos ao seu traballo e á aposta pola economía circular e sostible. Santiso avanzou que nun futuro próximo crearase un apartado dentro da marca de calidade para distinguir a locais de hostelería, que servirá para acreditar que serven produtos cultivados e producidos en territorio da reserva. Ademais, asegurou que hai dez concellos interesados en sumarse á reserva das Mariñas.