O PSOE alega contra a contratación dun asesor en Miño

Manuel Faraldo é o portavoz do PSOE de Miño

O PSOE de Miño presentou alegacións á contratación dun asesor para o grupo de goberno. Os socialistas acusan ao goberno local de Ricardo Sánchez e o PP de incurrir nun “gasto innecesario” tras aprobar un plan económico financeiro que inclúe subidas de impostos e recortes en axudas e servizos.

O portavoz do PSOE, Manuel V. Faraldo, acusa ao Goberno local de obviar as condicións legais que debe cumprir a persoa que ocupará o posto de asesor e que se negou tamén a explicar as funcións específicas que terá que desempeñar e a cualificación e categoría do posto.