PSOE e BNG reproban ao PP, en goberno local e Xunta, por non saber amañar a traída de Cesuras

O alcalde emitiu un bando desaconsellando consumir a auga da traída de Cesuras

PSOE e BNG de Oza e Cesuras coincidiron onte en cuestionar a demora das obras de mellora da rede de abastecemento de agua en Cesuras. En teoría, estes traballos habían garantir a calidade do subministro e estar rematadas o pasado verán, segundo anunciaran o alcalde e mais a conselleira de Medio Ambiente. Porén, o rexedor optou por emitir un bando prohibindo o consumo humano da auga da traída de Cesuras.

Por este motivo, socialistas e nacionalistas cuestionan que a “seca” á que González Cacheiro, alcalde do PP, atribúe as malas analíticas da auga da traída afecte só a Cesuras, cando a de Oza tamén se surte do Mendo. O PSOE cuestionou a “incapacidade” de Xunta e Concello para amañar este servizo básico.