O PSOE de Miño criticou onte que o Concello aínda non puxera en funcionamento a ORA nas praias

A praia grande de Miño e o esteiro do Baxoi

O PSOE de Miño criticou onte que a tempada estival arrinca sen que o Concello sen a posta en marcha da ORA no triangulo e no Estremeiro. Os socialistas critican o “deixamento” do Goberno local e denuncian que a maleza “campa ás súas anchas” nas zonas verdes que rodean ás praias” e que as pasarelas de acceso “teñen táboas rotas e clavos ao aire”. Critican tamén que aínda non contrataron ao persoal de limpeza das praias.

O goberno local de Ricardo Sánchez e o PP volveron implantar a ORA na praia e aprobaron a intención de comezar a cobrar cando sexa posíbel noutras rúas de Miño. O PSOE reclama agora que o goberno comece a cobrar por aparcar. O BNG foi moi crítico có cobro da ORA en Miño, alegando que é inxusto xa que toda a veciñanza paga o mesmo teña máis ou menos capacidade económica e pediu varias veces que se derrogase.