O PSOE de Miño anuncia que recorrerá a contratación do asesor

O PSOE de Miño ven de anunciar que recorrerá a contratación por parte do Concello dun asesor, que cobrará 21 000 euros ao ano. Critica que no pleno do martes o goberno local non informou do perfil, funcións, categoría e preparación técnica do contratado.

Os socialistas denuncian que o goberno local rexeitou rebaixar os seus emolumentos e equipararlos aos do anterior mandato e ademais contraten “a dedo” un asesor. Por todo isto, o único grupo da oposición con representación demanda a dimisión do goberno local.

Contrato do asesor sen poder pagar a débeda

Censuran que o executivo local contrate un novo cargo político diante dos recortes e privacións para afrontar o pago da débeda millonaria derivada das expropiacións en Vilanova para construír Costa Miño Golf.