O PSOE adía a unha “auditoría” sen data o traspaso da AP9

A ponte da autoestrada sobre a ría

Novo retraso no traspaso a Galicia da xestión da autoestrada do Atlántico. O PSOE, que anunciou que levantaba o veto ao traspaso da AP9 que por dúas veces puxera o goberno do PP, condiciona abrir este debate a unha “auditoría” sobre a infraestrutura.

Fomento indicou que a decisión da transferencia decidirase a escala estatal. Así o afirmou o ministro logo de se reunir en Compostela co presidente da Xunta. O ministro e dirixente do PSOE anunciou que se fará unha auditoría sobre este vial e fixarase a data para a xuntanza da comisión mixta entre Xunta e Estado sobre a Autoestrada do Atlántico.

A finais do pasado mes de setembro, o goberno de Pedro Sánchez levantara o veto para debater no Congreso o traspaso da AP-9. Na reunión co presidente da Xunta, o ministro dixo que as obras do AVE a Galicia cumprirán os prazos fixados.