O proxecto Life actuará na Reserva da Biosfera, na Ría e no encoro de Cecebre

Vista da Ría de Betanzos debaixo da ponte da autoestrada

O proxecto Life Fluvial, un plan medioambiental europeo, presentouse onte na Aula de Natureza de Chelo en Coirós. O proxecto inclúe actuacións de restauración no área da Reserva de Biosfera. Concretamente suporá para a comarca actuacións de restauración, recuperación e xestión sostenible de bosques aluviales na Ría de Betanzos e na zona do encoro de Abegondo-Cecebre.

Restauraranse ademais dúas áreas degradas, os antigos campos de fútbol e de tiro de Bergondo, no corredor ao longo do río e do estuario, eliminando o material de recheo que se instalou sobre a Ría e reforestando con arbolado autóctono.