Preséntase na Policía Local de Oleiros o veciño de Sada desaparecido o venres

Imaxe area da praia de Sada

Levaba desaparecido da súa casa desde o venres, coa alarma de familiares e amigos, que denunciaron a súa desaparición ante a Garda Civil na noite do pasado venres. E o sábado a última hora presentouse, polo seu propio pé, nas dependencias da  Policía Local de Oleiros. A desaparición de José María Galán, o veciño de Sada de 42 anos  que faltaba desde o venres, quedou nun susto.

Na súa busca, desde a noite do venres, participaron efectivos da Policía Local de Sada, a Garda Civil, o servizo de Salvamento Marítimo cun helicóptero e efectivos de Emerxencias de Oleiros.