O PP rexeita no Parlamento a proposta do BNG para facerse co Pazo de Meirás

Ocupación simbolica de Meirás polo BNG

O Partido Popular votou onte no Parlamento en contra da Proposición Non de Lei que presentou o BNG e que solicitaba tan só instar ao Estado a que exercitase as accións administrativas e legais oportunas para recuperar para o patrimonio público o pazo de Meirás, contando coa colaboración da Xunta. O PP rexeitou no Parlamento este acordo que apoiara na Deputación da Coruña, porque cre que “non é oportuno neste momento, está fóra de tempo e lugar”.

A deputada popular María Antón subliñou que é necesario “deixar traballar á comisión de expertos”, que rematen o estudo xurídico que están elaborando, porque este será o que “indique as accións pertinentes” para recuperar Meirás a custo cero.

Antón subliñou como “moi positiva” a actitude da Deputación de poñer a disposición da comisión toda a información que ten sobre Meirás e indicou que esta institución tamén pode interpor pola súa conta acciones legais contra os Franco. O PSOE e En Marea presentaron emendas á proposta do BNG.

O presidente da comisión vé un 50% de posibilidades de recuperar o Pazo

O presidente da comisión constituída no Parlamento de Galicia para valorar a recuperación do Pazo, Xosé Manoel Núñez Seixas, sitúa nun 50% as posibilidades de incorporar o inmueble ao patrimonio público. Núñez Seixas apuntou ás “dificultades” que “poden xurdir” incidiendo en que no obsequio ao dictador realizouse “mediante unha fórmula legal”, aínda que “sexa coñecido por todos que houbo coaccións políticas” para facer a recadación por parte dunha comisión na que participaban sublevados do réxime (Junta Pro Pazo del Caudillo).

Neste sentido, indicou que “teñen claro que é unha anomalía nun Estado democrático”, pero que “a lóxica xurídica non é nin a lóxica histórica nin a política”, continuou Núñez Seixas, quen considera que “en calquera outro país sería inadmisible a existencia da Fundación Franco”.