O PP esixe agora no Parlamento por vía de urxencia a recuperación do pazo de Meirás

Ocupación simbolica de Meirás polo BNG

Só un ano despois de que os populares votasen en contra dunha moción para instar ao Estado a iniciar os trámites para recuperar o pazo de Meirás, a formación que lidera Alberto Núñez Feijóo presentou unha proposición non de lei pola vía de urxencia para instar ao Goberno de Pedro Sánchez a interpoñer unha demanda civil que desposúa aos herdeiros do dictador da súa residencia estival. Nun sorprendente xiro da súa postura con respecto ao Pazo de Meirás o Partido Popular esixe agora a recuperación para o patrimonio público, despois de anos obstaculizando esta recuperación.

Durante anos vetar varias iniciativas da oposición, os populares aspiran agora a capitanear o proceso de restitución das Torres ao patrimonio público. O PP xustifica este cambio apelando ás conclusións do informe encargado á comisión de expertos da Xunta que, como xa informou este diario, ve factible recuperar o pazo a través dunha acción reivindicatoria por parte do Estado, dado que o inmoble funcionou como residencia oficial estival durante toda a ditadura.

O PP non se pronuncia no seu informe sobre un dos puntos máis do informe dos expertos, a consideración dos herdeiros de Franco como posuidores de boa fe, un extremo do que xa se desmarcaron públicamente o Concello de Sada, BNG e En Marea e que abriría a porta a indemnizar aos herdeiros do militar golpista polos gastos a partir de 1975. A proposición non de lei dos populares non recolle ningunha mención a este punto e xustifica o seu cambio de postura aludindo aos traballos de investigación permitiron desmontar a “versión dadas polas autoridades franquistas” da “ofrenda donación” e ás condicións dos expertos, que propoñen interpoñer unha demanda para reivindicar o ben como demanial.

Na súa proposición, o PP aporta outros motivos para reclamar xa a restitución das Torres ao patrimonio público. Entre outros, a “preocupación social” que provocou que a familia Franco encomendase as visitas do BIC á Fundación Francisco Franco para enxalzar a “grandeza” do dictador. O PP sostén agora que se trata dun “obxectivo contradictorio co marco legal vigente”, malia que se negou a apoiar ningunha das iniciativas da oposición para evitar que esta fundación xestionara as visitas.

O Partido Popular tamén a saída a venda do pazo de Meirás, “un feito cuestionable desde o punto de vista ético”, e critica as declaracións dos herdeiros do dictador e da Fundación Francisco Franco ao entender que “constitúen unha innecesaria ofensa ás vítimas da ditadura, aos seus familiares e ao conxunto da sociedade galega.

Na súa proposición non de lei, o PP insta ao Parlamento a declarar o seu apoio explícito ás conclusións da comisión de expertos e remitir o informe ao Estado acompañado da petición de que se inicien os trámites para reintegrar o pazo ao patrimonio público.