Polémica en torno ao anuncio de melloras no cruce de Queirís

Xuntanza informativa do BNG coa veciñanza de Queirís

A asociación vecinal de Queirís confía en que o Ministerio de Fomento executará as obras prometidas na Nacional VI, que carecen aínda de proxecto, prazos e partida no orzamento, como informou o alcalde, Francisco Quintela, nunha resposta por escrito ao BNG.

A inexistencia dun cronograma de obras e de partida específica no Orzamento Xeral do Estado de 2018 espertou as suspicacias do BNG, que convocou varias reunións para recoller as demandas vecinales e que reclamou insistentemente melloras viarias neste punto ante o Congreso

As edís nacionalistas de Coirós solicitaron por escrito ao alcalde, Francisco Quintela, información sobre os compromisos que trasladou Fomento na reunión. E as respostas do mandatario, moi escuetas, non contribuíron precisamente a despexar as incógnitas. Á pregunta “que documentos existen do compromiso para a execución das obras?”, o regidor responde: “Ningún”. Coa mesma parquedad despacha a segunda consulta: De onde sairán os fondos para executar as obras? “Os fondos sairán de Fomento”, replica. Tampouco arroxa luz sobre “o prazo de execución que marca Fomento”: “Non existe prazo algún establecido”, limítase a responder.

Representantes do colectivo vecinal sostiveron onte que confían en que a Demarcación de Estradas cumprirán a súa promesa de investir 650.000 euros na construción dunha rotonda e na eliminación dos carriles rápidos dirección Betanzos e Madrid para habilitar entradas e saídas aos núcleos de poboación, a pesar das respostas do alcalde e de que estes fondos non teñen reflexo ningún no orzamento do Estado.