O Clube de Golf Paderne celebrou o X estatal Sénior de Pitch&Putt

O campo do vlube de golf de Paderne

O Clube de Golf Paderne celebrou entre os días 7 e 8 de xullo a décima edición do Campionato de España Sénior de Pitch&Putt. O alcalde da localidade, César Longo, participou no acto de entrega de trofeos no que Rafael Santonja e Laura Batista alzáronse coa primeira posición nas categorías masculina e feminina respectivamente.

Xogadores de todas as partes do estado español felicitaron aos xerentes do campo en recoñecemento á súa xestión do evento e o bo estado das instalacións do clube de Paderne.