A Xunta elimina cinco vertedoiros incontrolados en Oza-Cesuras

Un vertedoiro na comarca

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou onte os traballos para eliminar cinco vertedoiros incontrolados en Oza-Cesuras. A Xunta gastará 32 000 euros en precintar e desmantelar cinco vertedoiros en Bandoxa, Patarelo, Fonte de Parada e Montelago.

A Xunta incide en que os traballos de erradicación destes puntos de vertido perseguen “minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental” que orixinan estes vertedoiros e “eliminar o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares”.